Oficina de Atención de Programas Sociales y Asistenciales – Montevideo

No seo da Casa de Galicia, en Montevideo, créase no ano 2004 a Oficina de Atención de Programas Sociais e Asistenciais, grazas a un convenio de colaboración asinado entre esa entidade e a Secretaría Xeral de Emigración.

A Secretaría Xeral de Emigración, ten entre as súas finalidades primordiais a de potenciar e contribuir ao desenvolvemento de programas sociais e asistenciais en beneficio dos emigrantes galegos; para iso realiza plans, programas e actuacións de apoio á emigración, e require da cooperación e participación de distintas entidades, especialmente naqueles países máis afectados por crises socioeconómicas e nas que o número de galegos é considerable, como ocorre en Uruguai

Esta oficina é un punto de referencia para todos os galegos e descendentes interesados en coñecer e participar nos diferentes programas convocados pola Secretaría Xeral de Emigración para a Galicia exterior, e tamén daquelas accións que o Goberno español programa para os españois no estranxeiro.